A Xunta enxalza a labor da Unidade de Atención Temperá de Noia

NOIA> A Unidade de Atención Temperá de Noia leva funcionando dende o ano 1990, sendo unha das máis antigas de Galicia.

Na actualidade préstase atención a uns 150 usuarios, nenos de cero a seis anos,  de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son.

O seu traballo é fundamental á hora de identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir os cativos no seu desenvolvemento.

Esta mañá o centro recibía a visita do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor,  e o alcalde, Santiago Freire.

Os dous destacaron a labor que este tipo de unidades realizan de cara a prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar resposta ás necesidades específicas que poden presentar estes menores.

Na actualidade prestan servizo nesta unidade de atención temperá un total de seis especialistas: 3 pedagogas, 1 psicóloga, 1 fisioterapeuta e unha terapeuta ocupacional.