Unha familia de Rianxo salva ‘in extremis’ a súa vivenda

RIANXO> A vista oral, que inicialmente estaba prevista para esta mañá, suspendeuse tras chegar a acordo coa inmobiliaria Aliseda que actuaba como demandante.

Final feliz para unha familia rianxeira que hai case unha década foi vítima da crise inmobiliaria. Tralo embargo da súa vivenda, a mediación de Stop Desafiuzamentos permitiu que en 2013 chegasen a acordo co  banco para seguir residindo  no inmoble no que vivían dende 1978.  Sen embargo, e a pesar de que as negociacións continuaron, a inmobiliaria ‘Aliseda’ do Banco Santander presentou unha denuncia por ocupación ilegal.

Esta mañá ía celebrarse o xuízo nos xulgados de Padrón, pero o xuíz decidiu finalmente decidiu arquivar a causa. As presións exercidas fixeron que finalmente a empresa dese marcha atrás na súa postura, abríndose a negociar un acordo amistoso entre as partes que permita á familia non ter que abandonar a súa vivenda.

Unha moi boa nova como destacou o propio alcalde, Adolfo Muíños, que esta mañá acompañou á familia ata os xulgados, como tamén o fixeron membros de Stop Desafiuzamentos Barbanza, que durante estes anos estiveron colaborando con ela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí