VILAGARCÍA> A Sala Rivas Briones de Vilagarcía acollerá do 16 ao 28 de xullo unha exposición do artista Uxío López. A obra que poderán visitar títulase “Xeitos diferentes de arrincar a pel” e é de balde. “Xeitos diferentes de arrincar a pel” así se titula a obra de Uxí López que poderán visitar na Sala Rivas Briones de Vilagarcía do 16 ao 28 de xullo. Esta exposición ten unha dobre intención, tal e como explicaba o seu autor esta mañá en rolda de prensa. Tea, vidro ou papel de estraza, son só algúns dos materiais utilizados para dar forma a esta obra, que nin o propio López soubo precisar de cantas pezas conta, debido a complexidade e a colocación das mesmas. Visitar esta exposición en Vilagarcía será de balde, así que xa saben, deixen voar a imaxinación e achéguense ata a instalación municipal.
Inicio Salnés - Caldas










