VILAGARCIA> Preocupación entre os comuneiros do Salnés ante o que podería ser un verán negro nos montes da comarca. As altas temperaturas, a escasa humidade, o exceso de maleza e o retraso das axudas, poderían rematar cun panorama similar, afirman, ó inferno do 2006. A estas horas están reunidos para decidir os pasos a seguir para evitalo. É mirar a situación na que se atopa o monte, e pensar nos peores presaxios para este verán . Os comuneiros do Salnés cualifican de moi preocupante a situacións dos montes de cara a este verán que comeza. A ausencia de precipitacións e a intensa calor, unidos ó descoido que padece a masa forestal, fan que os comuneiros teñan os peores vaticinios. Un presaxio que xa se confirmaba na tarde de onte co primeiro incendio da tempada, en Catoira. Os montes están sen limpar, e a humidade é baixísima para a época do ano, se a isto lle sumamos os retrasos nas axudas para limpeza de Xunta de Galicia, o presidente da Comunidade de Rubiáns, e da Mancomunidade de Vilagarcía, asegura que a situación é desesperada. O principal problema é que estas axudas se tramitan moi tarde, e moitas veces, non chegan a tempo, ou directamente, non chegan. Ante esta situación, representantes das comunidades de montes de Rubiáns, Cea, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira, Sobrán-Vilaxoán, Guillán y Fontecarmoa, están reunidos a estas horas da noite, para decidir as accións a levar a cabo en caso de que non cheguen as axudas. Unas decisión das que lles daremos conta neste informativo.
Inicio Salnés - Caldas