BARRO> A consellería de Sanidade e o concello de Barro asinan o convenio de colaboración para a construción do novo centro. Unha edificación que dobrará ao ambulatorio actual e aumentará os seus servizos. A previsión da Xunta é comezar a construción o vindeiro ano.
O concello de Barro deu este venres un paso importante para converter en realidade a súa reclamación dun novo centro de saúde. Na delegación da xunta de Galicia en Pontevedra, consellería e goberno local asinaron o convenio de colaboración para a construción do novo ambulatorio.
A nova edificación ocupará os terreos do actual centro médico e as casa próximas, xa que son propiedade do concello. O seu tamaño duplicará ao actual.
Dende o concello aseguran que a localización escollida é a idónea.
O novo centro de saúde é unha vella demanda do concello de Barro ante as deficiencias e problemas cos que se atopa o centro actual.
O concello encargarase do derribo das casas e a Xunta da construción do centro médico. Ambas administracións continuarán cos trámites pertinentes pero a previsión da xunta é comezar as obras o vindeiro ano.