Sardiñas aptas para tódolos petos na véspera da noite de San Xoán

    BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente. Lonxe quedan os prezos de entre dez e quince euros ós que chegou a sardiña na véspera de San Xoán en anos anteriores. Desta volta, o prezo do quilo rolda os cinco euros. Os mercados están abastecidos xa que hai sardiña en abundancia, motivo polo que non se encareceu. Aínda que moitos prefiren agardar ó propio día da sardiñada, outros máis previsores facían acopio esta mañá de varios quilos de sardiña ante o temor de que poida subir. Suba que os praceiros consideran bastante improbable.