A AECC organiza a I Andaina ‘Ribeira en marcha contra o cancro’

RIBEIRA> A xunta local de Ribeira da Asociación Española contra o cancro celebrará o próximo sábado a primeira andaina ‘En marcha contra o cancro’. A cita, organizada en colaboración coa Asociación de veciños de Carreira, enmárcase nunha ampla programación de actos do outubro rosa.

Baixo o lema ‘Ribeira en marcha contra o cancro’ , a xunta local da Asociación Española contra o cancro pretende reunir a cantidade de veciños nunha andaina familiar e accesible. É por iso que coa colaboración da Asociación de Veciños de Carreira deseñaron unha ruta urbana con saída e chegada á praza do concello e con parada na Ameixida onde terá lugar un acto simbólico.

A andaina está enmarcada nunha xornada festiva na que se desenvolverán outras actividades en colaboración co Ximnasio Cardalda e a Escola de Baile El Tomasón.

Os interesados en inscribirse poden facelo contactando coa asociación ou en calquera dos numerosos establecementos colaboradores. O prezo é de 5 euros para adultos e 3 para menores de 12 anos. Tamén se pode colaborar mercando camisetas conmemorativas a 5 euros.

Inserto

Os actos terán continuidade o día 19 cando se celebra o Día Internacional contra o cancro de mama no que ademais de instalar unha mesa informativa na praza do concello terá lugar unha charla . A xornada rematará cun recoñecemento público ó veciño de Carreira, Suso Pérez, que tamén foi paciente de cancro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí