Campelo contará con 30 prazas de amarre neste verán

Pontevedra> O presidente de Portos de Galicia presentou esta mañá o proxecto de embarcacións pesqueiras en Campelo, no concello de Poio. Unha iniciativa que permitirá crear 30 novas prazas de amarre. O custe estimado deste proxecto será de 50 mil euros e contará con 3 meses de prazo de execución. Durán agarda ter finalizado estes traballos antes de que remate o verán.

O Presidente de Portos de Galicia presentou esta mañá, na sé desta entidade en Pontevedra, o proxecto de embarcacións pesqueiras en Campelo, no concello de Poio. Unha iniciativa que constará de 4 módulos de pantalán que a súa vez habilitarán unha liña de atraque de 42 metros co fin de crear 30 novas prazas de amarre.

Este proxecto terá un custe estimado de 50 mil euros e un prazo de execución de 3 meses. Co cal, Durán Hermida, agarda ter estes traballos rematados antes de que remate este verán.

Con esta nova actuación o presidente de Portos de Galicia anunciou esta mañá que a nosa comunidade pechará este 2018 con 1300 novas prazas de amarre.