PONTEVEDRA> En Pontevedra, a volta ao cole viviuse hoxe con alegría e nervios. Despois de seis meses sen pisar as clases, os máis pequenos tiñan xa moitas ganas de regresas as aulas e ver de novo aos seus compañeiros. Iso si, con motivo da crise da Covid, os abrazos deron paso hoxe aos saúdos co cóbado.
Todo parecía indicar que esta ía a ser unha volta ao cole atípica e con grandes incertezas, e, efectivamente así foi. Despois de seis meses sen entrar nas aulas, os máis pequenos agardaban con moitas ganas este día. Unha xornada na que todos eles deron unha gran lección aos maiores.
Utilizar sempre a máscara, botarse xel hidroalcólico nas mans e manter as distancias de seguridade. Esas foron algunhas das medidas máis repetidas hoxe nos colexios. O máis difícil foi sen dúbida o de non abrazarse despois de tantos meses sen verse.
As familias viviron nas últimas semanas con gran incerteza esta volta ao cole. Así e todo, todas as dúbidas foron resoltas hoxe ao chegar ao colexio.
Os alumnos e alumnas comezan xa a acostumarse a estas novas clases e pouco a pouco parece que van entendendo o novo protocolo antiCovid, deixando os abrazos e os bicos e substituíndoos polos saúdos co cóbado.