O novo libro de X.V. Domínguez bate record de vendas na Feira do Libro de Ribeira

    RIBEIRA> Con doce libros ás costas, José Vicente Domínguez segue a afrontar cada nova publicación coa mesma ilusión. A súa última novela ‘Por mucho que ahora me quieran’ vén de presentarse na Feira do Libro de Ribeira con gran éxito de vendas. Os sesenta exemplares vendidos, tan só durante o acto de presentación, falan por si sós da calidade literaria de ‘Por mucho que ahora me quieran’, a última novela de José Vicente Domínguez. Partindo dun feito crucial na vida da protagonista, cando descobre que é adoptada, o autor constrúe un relato ambientado na Coruña no que están presentes temas sociais de tanta actualidade como a a orfandade, a prostitución ou os abusos de poder. Esta novela vense sumar á longa lista de fillos literarios que acumula o autor, nacido en Palmeira. Dende os seus comezos como ensaísta ata consagrarse como un afamado escritor tense aventurado en tódolos xéneros. Relato corto, novela erótica, costumbrista, histórica e mesmo contos infantís. Todo cabe na traxectoria deste prolífico autor que leva xa publicados doce libros con títulos ben coñecidos como ‘Veroto el Romano’, ‘Muy Rojo muy negro’ ou ‘Haití Cherie’ entre outros. Se queren deixarse levar por calquera destes títulos poden achegarse ata o expositor da libraría Ler na feira do libro de Ribeira e, con algo de sorte, poderán facerse cun exemplar asinado polo autor que a miúdo se achega para compartir un rato cos seus lectores. Nós xa temos o noso.