A Deputación subvencionará a mellora do pavillón Santa Baia

    BOIRO> A Deputación da Coruña destinará cincuenta mil euros á reparación do pavillón Santa Baia de Boiro. Xunto coa achega do concello procederase á renovación da cuberta e do sistema de alumeado. Este venres someterase á ratificación definitiva por parte do pleno provincial oacordo que vén de aprobar a comisión de Plans e Cooperación cos concellos da Deputación. O entre provincial achegará cincuenta mil euros e o concello de Boiro os trece mil restantes para as melloras no pavillón de Santa Baia. A obra principal centrarase na renovación da cuberta para acabar coas filtracións. Instalarase un panel sándwich composto de chapa lacada de cor tella e un sistema de illamento térmico a base de espuma de poliuretano. Procederase ademais á colocación catro aireadores estáticos que contribuirán a mellorar a ventilación interior do polideportivo. No que respecta ó alumeado interior da pista, actualmente moi deficitario, instalarase un novo sistema de tecnoloxía LED que, ademais do incremento das horas de uso, permitirá un importante aforro enerxético. Esta actuación vense sumar á recente mellora da pista acometida con cargo ó Plan de Acción social.