O BNG denuncia a situación crítica da atención primaria galega e a emerxencia sanitaria na área Pontevedra O Salnes

PONTEVEDRA> O BNG denuncia a situación crítica que está a vivir a atención sanitaria en Galicia. Os nacionalistas sinalan que especialmente a área sanitaria de Pontevedra o Salnés está en máxima emerxencia con pacs que se atopan entre o 0 e 20% de persoal nalgúns momentos. Culpan ao PP de esnaquizar a sanidade pública e pídenlles solucións para cubrir as baixas e para mellorar as condicións dos médicos.

A atención primaria atópase nunha situación crítica. Así o denunciou o BNG tralo acontecido nas últimas datas. A formación nacionalista advirte que especialmente a área sanitaria de Pontevedra O Salnés que está en emerxencia máxima.

Para o BNG a situación pasou todos os límites, con PACS baleiros durante algunhas horas, profesionais facendo quendas dobre e máis de 300 mil persoas sen atención.

Á situación dos centros sanitarios súmase o servizo de ambulancias, que como tamén denuncian, atención é insuficiente.

Dende a formación culpan á xunta de levar 13 anos realizando políticas que están esnaquizando a sanidade pública.

Tras estas denuncias dende o BNG esixen ao Partido Popular que tomen medidas, que garantan unha atención sanitaria digna, que coiden ao persoal sanitario e que aumenten o orzamento na sanidade pública.