Un incendio ocasiona danos no patio dunha vivenda en Escarabote

    BOIRO> Un incendio urbano, declarado este mediodía, afectou a unha vivenda situada ó carón do campo de fúlbol da Mina, en Escarabote. Pasadas as dúas da tarde, os bombeiros de Boiro recibían o aviso de que se atopaba ardendo unha instalación anexa á vivenda. Desprazáronse ata o lugar, apoiados por unha dotación do parque comarcal de Ribeira. En algo máis dunha hora conseguir extinguiron por completo o lume que ó parecer se orixinou a raíz dun curtocircuíto nos cables dunha lavadora. Este electrodoméstico, xunto a outros aparellos e unha barbacoa atopábanse nunha instalación caseira composta por unha autocaravana pechada cun muro e tellado de uralita a modo de patio. A sobrecarga na liña eléctrica puido estar detrás da orixe deste incendio que, afortunadamente, tan só ocasionou danos materiais.