Arranca o novo obradoiro de emprego Tahúme VI

PORTO DO SON> Na experiencia formativo-laboral, compartido polos concellos de Porto do Son e Ribeira e financiada pola consellería de Economía, Emprego e Industria, toman parte un total de 20 alumnos-traballadores, dez por cada municipio. Formaranse durante nove meses nas especialidades de  traballos de carpintería e moble e en actividades auxiliares en conservación e mejora de montes.

Esta mañá tiña lugar na casa de cultura de Xuño, en Porto do Son, a presentación do novo obradoiro de emprego Tahúme 6, que volverán a compartir os concellos de Porto do Son e Ribeira.

Por diante quedan nove meses de formación e práctica nos módulos de carpintería e moble e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Na experiencia, financiada pola consellería de Economía, Emprego e Industria por un importe de máis de 346 mil euros, toman parte un total de vinte alumnos-traballadores, dez por cada municipio.

O alcalde de Porto do Son, animou ós participantes a tomar en serio esta experiencia de cara a mellorar a súa formación o que lle permitirá poder optar a postos de traballo máis estables e con máis calidade

Un aspecto este que tamén foi destacado pola directora do obradoiro, Estefanía Ordóñez.

Durante os nove meses que dure o obradoiro, os alumnos-traballadores desenvolverán importantes actuacións nos dous municipios como poden ser a fabricación de mobiliario urbano en madeira ou a conservación de espazos e zonas forestais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí