Boiro promove un programa de sensibilización en materia de igualdade de xénero

BOIRO> O proxecto co título ‘Boiro contra a violencia’ está dirixido especialmente a mulleres e a mozos, e será realizado pola empresa Nova Xestión Cultural.

O programa ‘Boiro contra a violencia’ presentado no Concello ten coma principal finalidade desenvolver accións en materia de igualdade de xénero. Así unha das primeiras accións a desenvolver será a constitución dunha mesa municipal contra a violencia de xénero.

O Concello aproveitará tamén para promover, xunto a outras Administracións a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero e tamén unha axente de igualdade.

A proposta prevé tamén a elaboración do denominado mapa do medo, no que se identificaran aquelas zonas do municipio nas que poden producirse todo tipo de violencias.

O programa desenvolverase en dúas fases, de febreiro a  xuño, e irá dirixido á veciñanza en xeral, aínda que principalmente á mocidade e ás mulleres. Conta co financiamento da Secretaría de Estado de Igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí