Avanza a bo ritmo a vacinación dos menores en Pontevedra e Vilagarcía

VILAGARCIA> Avanza a vacinación entre os menores de idade. No día de hoxe convocáronse 4000 rapaces e rapazas no recinto feiral de Pontevedra e outros 1400 no recinto de Fexdega en Vilagarcía. Tanto os vacinados como os pais e nais aseguran sentirse máis tranquilos.

A vacinación continúa avanzando a bo ritmo en toda Galicia. Esta semana e en previsión do inicio do curso escolar estanse a vacinar aos menores de 12 a 16 anos. Hoxe convocáronse a 4000 rapaces e rapazas no recinto feiral de Pontevedra e a 1400 no recinto de Fexdega en Vilagarcía.

Os rapaces e rapazas son conscientes da importancia de acudir a vacinarse.

Tamén os pais, nais e avós aseguran estar moito máis tranquilos, especialmente, de cara ao inicio do curso escolar.

Outro alivio para os pais e nais tamén son as reunións entre amigos.

A pesar das vacinacións é importante cumprir coas normativas para frear a expansión do virus. A vacinación continuará mañá nestes dous espazos cunha convocatoria de 2000 menores en Pontevedra e 700 en Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí