Vivir entre velutinas

PONTEVEDRA> Uns veciños de Bora levan máis de tres meses sen poder abrir as ventás da súa casa. O motivo, o asentamento dun niño de velutinas nunha torre de alta tensión a escasos metros da súa vivenda. Malia que os afectados avisaron aos responsables da Xunta de Galicia e de Fenosa, de momento, ninguén se fixo cargo da súa retirada.

Os propietarios desta vivenda levan máis de tres meses esperando a que as autoridades retiren un niño de velutinas asentado a poucos metros da súa casa. En concreto, nesta torre de alta tensión. Os veciños detectaron este niño no mes de xuño e, dende entón e a pesares dos seus continuos avisos, ninguén se fixo cargo da súa retirada.

A pesar da insistencia destes veciños, nin a Xunta de Galicia nin os responsables de Fenosa atenderon as súas peticións.

E mentres estes veciños esperan axuda por parte da Xunta ou de Fenosa, o tempo pasa e este niño continúa medrando. Unha situación que complica o día a día dos propietarios da vivenda.

Os veciños non están dispostos a seguir vivindo rodeados de velutinas e esixen que se adopten medidas urxentes.