172 mulleres protagonistas da exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”

PONTEVEDRA> O Pazo Provincial foi o lugar elixido para a presentación da exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”. A mostra estará dispoñible ata final de ano en diferentes concellos da provincia, para todo aquel que a queira visitar. “Rexas, mulleres baixo o terror franquista” así se chama a exposición que se inaugurou, este mércores, na entrada do Pazo Provincial. Alí o deputado de Cultura, Xosé Leal, sinalou que esta exposición materializa o compromiso do actual goberno coa memoria. Perseguidas, torturadas, asasinadas… as protagonistas de esta exposición son as mulleres que viviron nas súas propias carnes a represión sufrida por 172 pontevedresas durante o alzamento do 1936. Unhas 78 imaxes que prometen trasladar a todo aquel que as visualice, ao sufrimento polo que tiveron que pasar. A exposición estará dispoñible para o público en xeral do 12 ao 30 de xullo en Silleda, do 3 ao 30 de agosto en Tui, do 1 ao 30 de setembro en Marín. do 13 de outubro ao 7 de novembro en Nigrán e do 10 de novembro ao 10 de decembro en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí