A Plataforma Pro Centro de Día de Rianxo presenta unha queixa ante o Defensor do Pobo

    RIANXO A entidade traslada así o seu malestar ante a falla de resposta por parte da Xunta á súa demanda para que se dote á localidade deste servizo. Segundo indicou a Concha Sánchez, a Plataforma estuda agora novas accións de protesta para seguir coas súas demandas. Á campaña de chamadas á consellería de Política Social reclamando a construción do centro de día seguiranlle outras, que agardan poder anunciar xa este próximo domingo durante a convocatoria dunha nova mobilización. Seguramente a última que se celebre nos próximos meses.