A familia de Sonia Iglesias continuará loitando ata que “o culpable da súa desaparición pague polo sucedido”

Pontevedra>Hoxe tivo lugar a manifestación, en Pontevedra, con motivo do oitavo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias. Dende a súa familia non perden a esperanza e confían en que a investigación policial, que aínda segue aberta, de os seus froitos e o culpable deste feito pague polo sucedido.

O pasado sábado, o 18 de agosto, cumpríronse 8 anos da desaparición de Sonia Iglesias en Pontevedra. Dende entón a súa familia, a súa irmá e o seu pai e nai, non deixaron de insistir na búsqueda de Sonia e na investigación da súa desaparación. Un caso que se volveu a abrir en decembro do pasado ano con motivo da chegada dun novo inspector, que comezou a tirar de fíos que antes non se tocaran. Tras meses de pesquisas o caso volveu a arquivarse xudicialmente en xuño deste ano.

A investigación policial segue o seu curso, co análise de novas chamadas, unha investigación que da esperanza á familia de Sonia Iglesias quen non pecha as portas a que o caso se volva a reabrir por terceira vez co fin de que o culpable pague por todo o sucedido.

A familia agarda que pese a que xa pasaron 8 nos finalmente se faga xustiza de todo o acontecido…

Nestes intres está tendo lugar a manifestación, convocada pola familia de Sonia Iglesias, polas rúas de Pontevedra, unha loita, a búsqueda de Sonia Iglesias, que a familia ten claro que non cesará ata chegar ao final deste suceso.