O PP de Barro denuncia a falta de coidados do parque natural Río Barosa

BARRO> O partido popular de Barro denuncia o mal estado no que se atopa o parque natural do Río Barosa. Entre as súas críticas destaca o peche dos baños públicos e a construción duns novos que aínda non se estrearon. Pasarelas en mal estado, lixo amontoado e ausencia de vasoiras son algunhas outras das súas moitas reclamacións.

Lixo tirado sen ningún tipo de control, baños pechados ou pasarelas en mal estado. Estas son algunha das moitas deficiencias que denuncia o Partido Popular de barro sobre o estado actual do parque natural Rio Barosa.

Entre as súas reclamacións destacan a xestión dos baños públicos que está a facer o concello. Denuncian que os vellos están pechados, que os novos continúan sen rematarse estando xa fora de prazo e que o método utilizado para poder dotalo de auga causará problemas.

Outra das denuncias do Partido Popular é que a empresa que gañou o concurso para xestionar o bar aínda o ten pechado.

A estas denuncias hai que sumar a falta de mantemento dos muíños da parte superior do parque ou perigoso estado no que se atopan algunhas pasarelas con táboas rotas e mal apertadas, o que supón un risco para os visitantes.

Segundo denuncian, todas estas deficiencias, especialmente a falta de baños públicos e a de vasoiras para tira lixo, están provocando que visitantes marche de forma anticipada do parque ou que directamente decidan non achegarse. Por iso piden ao goberno local que arranxe o parque, que o coide e que realice investimentos con sentido común.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí