Vilanova terá o seu auditorio dispoñible a finais de ano

    VILANOVA> Este venres retomáronse os traballos de construción do novo auditorio de O Esteiro, en Vilanova de Arousa. O alcalde do municipio, Gonzalo Durán, recoñeceu que dende o consistorio esperan que a obra este entregada no mes de decembro. No concello de Vilanova poderían dicir, este venres, aquilo de que “tras a tormenta sempre chega a calma”. O auditorio de O Esteiro será unha realidade para os cidadáns da vila previsiblemente a finais de ano, tal e como manifestaba esta mañá o alcalde da vila. Unha sala de cine que constitúe unha das principais motivacións para o alcalde vilanovés, que espera que os cativos da vila acudan as novas instalacións no seu tempo de lecer. As obras comezaron a principios de esta semana, e tal e como afirmou Durán, avanzan a bo ritmo. As obras en O Esteiro comezaron pouco antes das municipais de 2015, con un acordo entre Deputación e concello de Vilanova. En novembro de ese mesmo ano o organismo provincial paralizaba a obra debido a presenza dunha liña de media tensión que non fora contemplada no proxecto. Finalmente ambas administracións acordaron que fora o propio concello o que se fixera cargo da adxudicación e supervisión da obra, mentres que a Deputación aportaría os cartos necesarios para rematala, como así está sendo.