Rafa Domínguez xa é o novo presidente do PP de Pontevedra

Pontevedra. Dende o sábado Rafa Domínguez xa é o presidente do PP Local tralo décimo segundo Congreso deste Partido. Unha cita que se celebrou na sede de Afundación e que estivo presidida por Alberto Núñez Feijóo. Rafa Domínguez volveu, unha vez máis, a centrar o seu perfil de candidato como o alcalde do emprego, a ilusión e de toda Pontevedra.

A Presidenta do Congreso dos Deputadoos, o Presidente da Xunta de Galicia e o do PP en Pontevedra estiveron presentes na fin de semana, na xornada do sábado no décimo segundo Congreso do PP Local onde se proclamou a Rafa Domínguez como novo presidente. Un cargo que lle explicaba da seguinte maneira ao seu fillo.

Un cargo, o de Presidente do PP Local, que explicaba así a todo os que acompañaron ao longo de toda a xornada dende a sede de Afundación.

Pola súa banda o Presidente do PP na Provincia dixo ter claro que as cousas grandes do partido chegan a través de cousas máis pequenas como a celebración dese congreso na cidade.

E Feijóo dixo sentirse orgulloso do papel que está desempeñando Rafa Domínguez na capital de provincia.

Durante o acto proxectouse un vídeo promocional no que Rafa Domínguez preséntase a si mesmo e o seu proxecto de cidade.