A Feira Celta de Porto do Son potenciará a súa esencia castrexa

    O pasado celta de Porto do Son volverá a apoderarse da vila durante a última fin de semana deste mes. Máis de cento vinte postos de artesanía integrarán o mercado celta que estará amenizado por diversos grupos musicais e de animación. O programa complétase cos espectáculos de gran formato que terán lugar na praza Nova. Off Todo a punto en Porto do Son para a Feira Celta que entre o vinte e oito e o trinta de xullo devolvera a vila ás súas orixes. A inauguración oficial terá lugar o venres ás cinco da tarde cando abrirá as súas portas o mercado celta que este ano conta con máis postos e estenderase ó longo de máis rúas. Durante toda a fin de semana duendes, bufóns, elfos ou ananos percorrerán este mercado nos numerosos pasarrúas previstos. Ademais da animación haberá espectáculos de gran formato como Lenda ou Errantes que se desenvolverán principalmente pola noite. Desenvolverase ademais un campamento celta, a cargo de do grupo de recreación Hípica celta, onde recrearán a vida da sociedade castrexa coa organización de torneos de tiro con arco ou actividades de culto ós deuses. Inserto O concello decidiu este ano cambiar de empresa e apostar por Rivendel Mercados que a partir de agora asumirá a organización. A súa proposta está máis preto da temática celta polo que agardan manter a esencia coa que naceu a feira.