Reforma integral do Pavillón de A Xunqueira

Pontevedra> O concello ven de anunciar unha reforma integral para o Pavillón Multiusos da Xunqueira. Uns traballos que contarán cun investimento de máis de 2 millóns de euros e que, dende o Goberno Local, agardan ter rematados para comezos do 2019. No pavillón Multiusos da Xunqueira levarase a cabo unha reforma completa centrada na adecuación interior e a mellora da eficiencia enerxética. Segundo Demetrio Gómez deberíamos estar case falando dun pavillón novo, porque agás a estructura do edificio vaise a cambiar todo. Un pavillón que contará con todos os servizos novos. No orzamento tamén se incluirá o cambio das dúas pistas deportivas, a mellora do equipamento e a reforma dos 18 vestiarios para equipos, os 3 para árbitros e os almacéns. Para levar a cabo esta reforma o Goberno Local prevé un orzamento de 2 millóns 106 mil euros e un prazo de execución de 12 meses, polo que durante ese tempo tentarase recolocar aos clubs que habitualmente usan o Multiusos noutros pavillóns da cidade. Gómez agarda poder comezar os traballos a finais deste ano.