Os ‘varredores do Lérez’ recollen máis de 120 quilos de refugallos no río

PONTEVEDRA> Última xornada de traballo para os ‘varredores do Lérez’. Hoxe rematou esta iniciativa, enmarcada nos campamentos de sensibilización e educación medioambiental organizados pola concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra. Durante varias semanas, decenas de rapaces encargáronse de recoller o lixo do río nunha campaña que foi todo un éxito: recolleron máis de 120 quilos de refugallos.

Durante varias semanas deste verán, o río Lérez contou co seu propio equipo de varredores. Decenas de nenos de entre 6 e 12 anos encargáronse de recoller o lixo que atopaban no seu leito.

A iniciativa enmarcouse nos campamentos de sensibilización e educación medioambiental organizados pola concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural. Durante as xornadas de actividade, os grupos recolleron máis de 120 quilos de refugallos.

Dende a concellería que dirixe Puentes, insistiron na importancia que o río Lérez está a ter nos seus proxectos. Tanto este como o dos Gafos son os protagonistas dalgunhas das intervencións máis importantes nas que traballa o departamento.

A convocatoria da actividade foi todo un éxito. As prazas esgotáronse xa o primeiro día que saíron publicadas, demostrando o enorme interese por este tipo de iniciativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí