O BNG celebrará o Día da Patria reivindicando os dereitos dos galegos e galegas

    O BNG saíu a rúa este martes para informar aos cidadáns sobre os actos preparados de cara a celebración do 25 de xullo. Para os nacionalistas o Día da Patria é unha data de festa pero tamén de reivindicación para os dereitos dos galegos e galegas. Os nacionalistas de O Salnés saíron este martes as rúas de Vilagarcía de Arousa para convidar aos cidadáns para celebrar o Día da Patria. Nos días previos a formación política, fai na comarca un convive, que este ano por segunda vez se realizarán en Vilagarcía. A parlamentaria Montse Prado tamén estivo en Vilagarcía, e sinalou a importancia de festexar, pero tamén de reivindicar os dereitos dos galegos e as galegas. Unha comida de confraternidade ou o Festigal tamén forman parte das actividades para conmemorar este día. A festa comarcal do BNG celebrarase o venres 21 de xuño, no parque da Xunqueira, e terá lugar as 20:30. Alí haberá diferentes intervencións políticas e despois, os que se acheguen poderán desfrutar da música de Manolo Dopico e Álvaro Cardalda.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí