PONTEVEDRA> O PSdeG defende en Pontevedra o apoio a Pedro Sánchez para poder levar a cabo os diferentes proxectos que ten pendentes a cidade. Segundo explican os socialistas, o goberno central ten comprometidos 25 millóns coa Boa Vila a través do Ministerio de Transición ecolóxica. Entre eses proxectos destacan as sendas peonís que unirían a cidade con Poio e a senda ciclista a Marín.
Dende o PSdeG piden o apoio á súa formación temendo que se gobernan PP e Vox poidan facer desaparecer o ministerio de transición ecolóxica, co que todos estes proxectos poderían non levarse a cabo.
Proxectos que consideran necesarios para a conexión e a mobilidade entre ambas vilas e para dar prioridade ás persoas. Ademais das sendas peonís, os proxectos engloban numerosas iniciativas pola costa da ría destinadas á recuperación dos espazos naturais.











