A meirande parte dos pontevedreses non se atreven a viaxar este verán

PONTEVEDRA>Os pontevedreses non se atreve a viaxar nesta nova normalidade e a maioría decidiu xa aprazar as súas vacacións para o vindeiro ano.

Viaxar nesta nova normalidade parece que é algo só apto para os máis valentes. O medo a contaxiarse e a incerteza sobre o futuro máis inmediato, levou a moitos pontevedreses a aprazar as súas vacacións para o próximo verán.

E aínda que o medo e a preocupación son sentimentos inevitables nestes momentos, son moitos os que tamén teñen pensado viaxar este ano. Iso si, a meirande parte deles o farán dentro do territorio nacional.