A mellora da travesía de Noia concluirá a finais de xuño

NOIA> Avanzan a bo ritmo as obras de mellora da travesía de Noia que estarán concluídas a finais de xuño. A actuación, cun investimento de 1’2 millóns de euros, contempla a renovación das beirarrúas, soterramento do cableado e a construción dunha glorieta no cruce da Barquiña.

A principal vía de entrada a Noia que soporta unha alta densidade de tráfico sufrirá unha fonda transformación coa remodelación que está a desenvolver a Consellería de Infraestruturas nesta travesía. Ademais de renovar as beirarrúa nun treito de algo máis dun quilómetro, está a executarse unha glorieta no cruce da Barquiña.

Esta obra vense sumar a outras actuacións de mellora do firme en zonas próximas como a avendida da Coruña, o barrio de San Lázaro, República Arxentina ou Labarta.

O obxectivo destas actuacións é mellorar a capa de rodaxe e eliminar as fochancas que presentaban as vías máis deterioradas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí