A Xunta financia a mellora do equipamento deportivo de tres clubs do Barbanza

BOIRO> A Xunta de Galicia mellora a dotación de equipamento de tres clubs deportivos do Barbanza. O Club Taekwondo Suh Sport de Boiro, o Natural Sport Videlgi de Ribeira e o Kempo Barbanza acolléronse á liña de axudas autonómicas para a adquisición de novos equipos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou as instalacións do Club taekwondo Suh Sport en Boiro, unha das entidades beneficiarias da orde de axudas impulsada pola Xunta para que os clubs ou federacións poidan adquirir novos equipamentos deportivos.

Ademais do Suh outros dous clubs da comarca se beneficiarán destas axudas: o Natural Sport Videlgi de Ribeira e o Club Kempo barbanza.

En toda Galicia, o importe total das axudas supera os 700 mil euros que beneficiarán a 73 clubs e 24 federacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí