O concello investirá 2,5 millóns de euros na Xunqueira de Ponte Sampaio

Pontevedra> Despois de moitos anos agardando, os veciños de Pontesampaio, en Pontevedra, contarán cunha remodelación profunda na zona da Xunqueira. Unhas obras que comezarán a inicios do vindeiro 2018 e que contarán cun investimento de 2.5 millóns de euros. Trátase dun proxecto que recuperará preto de 30 mil metros na parroquia O concello de Pontevedra ven de anunciar nesta xornada unha profunda remodelación da zona da Xunqueira, en Pontesampaio. O cambio máis agardado é a creación dun novo campo de futbol. Uns traballos, que se acometerán na primeira fase, contarán cun investimento de máis dun millón de euros e estará listo, se todo segue segundo o previsto para a tempada 2018-2019. A segunda fase desta remodelación céntrase no derrubamento do actual campo de fútbol, a ampliación da praia e a creación dunha alameda con zonas verdes e de xogos para os pequenos. Uns traballos ambiciosos nos que o concello investirá 2,5 millóns de euros. O concelleiro Raimundo González amosouse satisfeito e orgulloso de poder presentar este proxecto que trae consigo un cambio considerable para esta parroquia pontevedresa coa recuperación de 30 mil metros cadrados.