‘A Vida é Movernos’ clausura con éxito o obradoiro ‘Vivir sen ansiedade’ apostando pola saúde mental

[

PONTEVEDRA> Nova actividade que chega á súa fin do programa A Vida É Movernos, do concello de Pontevedra. Hoxe celebrouse a  última sesión do obradoiro Vivir sen ansiedade, unha das propostas dirixidas a coidar da saúde mental dos participantes. A acollida foi inmellorable, e dende a concellería de deportes, actividade física e saúde xa estudan outras actividades pensadas para coidar o corpo e a mente.

Pontevedra despediu hoxe outra das actividades do programa municipal ‘A Vida é movernos’. Durante tres sesións, doce alumnos adquiriron ferramentas para controlar a súa ansiedade no marco do obradoiro ‘Vivir sen ansiedade’.

A actividade deixou unha pegada máis que positiva. Varias persoas quedaron en listaxe de agarda tras cubrirse todas as prazas pouco despois de abrir as inscricións. Algo que demostra o interese crecente da cidadanía polo coidado da saúde mental.

A programación da iniciativa ‘A vida é movernos’ continúa. Xa están a preparar novos obradoiros e actividades, fieis á filosofía de facer propostas accesibles para todos os públicos.

Ademais, este mes celebrarase a Feira da Saúde de Pontevedra, unha cita pensada como epicentro do conxunto de actividades da Vida é Movernos. Será os días 17, 18 e 19 de setembro.

Despois desta cita, o programa retomará as súas propostas para animar á veciñanza a retomar a actividade física.