O BNG presenta tres emendas aos Orzamentos Xerais do Estado referidas ao Concello de Poio

POIO> O BNG presentou hoxe tres emendas aos Orzamentos Xerais do Estado referidas ao Concello de Poio. As tres dan resposta a tres demandas históricas do municipio: a protección sonora da AP-9, a recuperación patrimonial e medioambiental da Illa de Tambo e a creación dunha senda peonil entre Lourido e a Barca.

Así valorou hoxe Demetrio Gómez os Orzamentos Xerais do Estado. O responsable comarcal do BNG asegura que estes presupostos demostran a discriminación que está a sufrir Galicia por parte do Goberno central.

Co obxectivo de que os Orzamentos Xerais do Estado dean resposta ás necesidades de Galicia para o ano 2021, o BNG presentou numerosas emendas ao borrador destes presupostos. Entre elas, hai tres referidas ao Concello de Poio.  A primeira ten que ver coa protección sonora desta AP-9.

Nas emendas presentadas hoxe, o BNG lembra tamén outra demanda histórica do Concello de Poio: a recuperación patrimonial e medioambiental da Illa de Tambo.

Por último, os nacionalistas esixen ao Goberno do Estado a creación dunha senda peonil que una a Barca con Lourido.

Estas tres emendas presentadas polo BNG suporían un investimento de 1.450.000 euros no Concello de Poio. Iso si, polo de agora, o portavoz nacionalista no Congreso, Néstor Rego, anunciou hoxe a súa oposición os Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí