O PP reivindica a figura de Miguel Ángel Blanco fronte os que ‘tratan de reescribir a historia’

PONTEVEDRA> Antes deste acto conxunto, o Partido Popular celebraba outro na Praza da Liberdade, en homenaxe ás vítimas do terrorismo. Desta volta, contando co respaldo da Fundación Miguel Ángel Blanco. Ao redor dun cento de persoas asistiron a esta convocatoria, na que tamén se fixo unha ofrenda floral ante o monumento desta praza.

Un centenar de persoas participou esta mañá na convocatoria do Partido Popular. Co respaldo da Fundación Miguel Ángel Blanco, a formación organizou un acto na Praza da Liberdade para homenaxear as vítimas do terrorismo. No 25 aniversario do seu asasinato, Domínguez recordou especialmente a figura do concelleiro popular de Ermua.

O líder do PP pontevedrés insistiu na importancia de que as novas xeracións coñezan a figura de Miguel Ángel Blanco.

Domínguez fixo un chamamento a evitar os núcleos de poder independentistas, alertando de que os que avalan estas actitudes non están só no País Vasco. Lamentou, tamén, que PSOE e BNG non participaran neste acto. A preguntas dos medios de comunicación, acusou ao Bloque Nacionalista de ‘compadreo’ con Bildu.

No acto sí estiveron representantes de VOX, de Ciudadanos, de sindicatos policiais como o SUP ou a Asociación Unificada de Gardas Civís. Tamen asistiu a filla dunha vítima de ETA, o policía local de Portugalete Jesús Lolo Jato. No 1978 os terroristas disparáronlle, deixándoo nunha cadeira de rodas.