POIO> O aumento de casos de coronavirus nas últimas semanas podería deberse a varios brotes. Un dos últimos foi rexistrado no Concello de Poio. Unha situación preocupante ante a cal o Sergas non da respostas.
A situación epidemiolóxica da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés empeorou drasticamente nas últimas semanas. De feito, en tan só 7 días os casos activos duplicáronse nesta zona, chegando hoxe aos 147 positivos. Unha situación que podería estar ocasionada por varios brotes.
Segundo puido saber o Canal Rías Baixas, un dos últimos brotes puido rexistrarse no Concello de Poio. De feito, en Combarro un bar continúa pechado ao público de maneira preventiva despois de que un dos seus traballadores dese positivo en Covid. O local está situado na popular praza da Chousa.
Porén, a pesar desta información, o Concello asegurou que non recibiu ningún tipo de comunicación, aviso ou información oficial ao respecto por parte da Consellería de Sanidade. En todo caso, o goberno municipal xa informou de que solicitará de xeito urxente esta confirmación á Xunta de Galicia.