A Deputación investiu máis de medio millón de euros na mellora da estrada entre Bexo e Rianxo

RIANXO> A mellora da estrada entre Bexo e Rianxo está a piques de concluír. Esta obra, financiada pola Deputación da Coruña, suporá unha notable mellora da seguridade viaria entre ámbolos dous núcleos.

Na actualidade, estase a executar a segunda fase da actuación, no treito entre a rotonda da ponte de Catoira e Leiro.

A pesar da mellora da seguridade, o concello bota en falta a dotación de beirarrúas nalgunhas zonas de especial tránsito peonil que agardan se poidan executar nun futuro.

O investimento total, das dúas fases, ascende a máis de medio millón de euros financiados integramente pola Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí