Noia Histórica entrega os premios das campañas desenvolvidas durante o confinamento

NOIA> Noia Histórica realizou esta mañá a entrega de premios da campaña ‘Morriña de Ti’ desenvolvida pola Asociación Galega de Xerencias de Centros Comerciais Abertos. Tamén se outorgaron os premios do concurso de Facebook organizado por DiscoMóbil Chocolate.

A chuvia non foi impedimento para que os gañadores das campañas comerciais desenvolvidas por Noia Histórica durante o confinamento recolleran os seus premios.

María Jesús Quintáns resultou agasallada cun vale por valor de cincuenta euros na campaña Morriña de Ti. No concurso de Facebook organizado por DiscoMóbil Chocolate entregáronse tres premios: unha sesión de discomóbil de tres horas que recaeu sobre Laura Fajardo e dous vales de compra de cincuenta e corenta euros respectivamente que foron entregados a Sandra Blanco e Juan Rodríguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí