A Deputación recibe os cinco anteproxectos para rehabilitar Santa Clara

PONTEVEDRA> Xa están na Deputación de Pontevedra as cinco proposta para rehabilitar Santa Clara. Os estudos de arquitectos que resultaron finalistas do concurso entregaron esta mañá os seus anteproxectos. Agora será un xurado quen escolla o deseño que incluirá o convento de Santa Clara no Museo de Pontevedra. A deliberación será os días 5,6 e 7 de xuño.

Nestes cinco sobres están os anteproxectos candidatos a deseñar a nova vida do convento de Santa Clara como parte do Museo de Pontevedra. As propostas dos estudos de arquitectos finalistas do concurso xa están na Deputación.

O luns constituirase o xurado que se encargará de escoller o anteproxecto gañador e abriranse os sobres. As deliberacións celebraranse os días 5, 6 e 7 de xuño.

Unha vez seleccionado o gañador, o equipo iniciará a redacción do proxecto definitivo. Segundo os cálculos do goberno provincial, debería estar rematado a finais de ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí