A primeira Lei de Portos de Galicia mellorará a calidade dos 122 peiraos da comunidade

GALICIA> A primeira Lei de Portos de Galicia será remitida ao Parlamento para que comece a súa tramitación. Este regulamento permitirá, segundo a administración galega, mellorar as infraestruturas e os servizos dos 122 peiraos dependentes da Xunta. O proxecto da primeira Lei de Portos de Galicia, foi remitida ao Parlamento Galego para que comece a súa tramitación. Segundo Núñez Feijoo, este documento permitirá adaptar a lei estatal ás diversas particularidades dos portos autonómicos. O proxecto de lei busca axilizar os trámites nas concesións para darlle maiores garantías aos inversores e así dar un papel decisivo á participación dos emprendedores na actividade portuaria. Portos de Galicia informou detalladamente sobre a elaboración deste texto a Costas do Estado e a Portos do Estado entre outras administracións, tal e como explicaba o seu presidente, Jose Juan Durán. Este proxecto busca axilizar os trámites nas concesións, que pasarán dos 30 aos 50 anos, e afonda na transparencia do procedemento. En definitiva un novo regulamento que conseguirá mellorar substancialmente as infraestruturas e os servizos dos 122 peiraos dependentes da administración galega.