A Toxa xa ten novo porto deportivo

    O GROVE> A Toxa xa ten porto deportivo. Isto é así grazas a organización que conformaron 7 persoas, amantes da náutica e da illa, que se propuxeron crear un Club Náutico, e que este venres, tres anos despois conseguiron inaugurar o porto deportivo. Ao acto de inauguración asistiron numerosas personalidades políticas dos ámbitos autonómico, provincial e local. A Illa da Toxa xa ten porto deportivo. Unha nova instalación moi valorada por aqueles amantes da náutica que acoden A Toxa para pasar o seu tempo de lecer. Este proxecto de desmantelamento do pantalán anterior e posterior renovación integral das instalacións levouse a cabo entre os meses de outubro do 2016 a xuño de 2017. Este novo porto conta cunhas 60 prazas de amarre e con fingers de entre 8 e 18 metros de eslora. Este proxecto é o resultado do traballo da directiva do Club Náutico Illa de A Toxa, que se creou no ano 2013, tal e como explicaba o seu presidente no acto. O Club Náutico de A Toxa conta na actualidade cuns 30 socios. A inversión total para esta instalación é de 1,5 millóns de euros, que esta financiado mediante a adquisición da cesión do uso das prazas por parte dos socios durante todo o período da concesión.