Os choqueiros protagonizarán ó Entroido de Poio

POIO> O Concello de Poio presentou esta mañá a programación dun dos eventos máis populares, o Entroido. Nesta edición, o goberno local quere destacar a figura da choqueirada, que será o fío condutor de todas as actividades que se van a realizar dende o 1 ata o 17 de marzo.

A choqueirada anda solta! Chega a música, o baile e a diversión. Chega o Entroido a Poio. E o fai cunha das edicións máis especiais,  xa que o Galo Federico cumpre 30 anos.

Ademais, este ano o Entroido trae numerosas novidades. Entre elas, a creación do entroidiño, dun novo espazo gastronómico, ou a modificación do percorrido do concurso de disfraces, que se celebrará o día 3 de marzo.

O Concello quere potenciar o Entroido tradicional, e por iso, os choqueiros e as choqueiras serán o fío condutor de todas as actividades que se realizarán nestas festas.

Ademais, o Entroido terá un arranque estelar. O actor Xosé Manuel Esperante visitará os colexios de Poio durante a próxima semana, para que os máis pequenos coñezan a importancia dos choqueiros.

O Entroido de Poio comeza o día 1, e o día 16 será o enterro do famoso Galo Federico, protagonista indiscutible desta celebración. Tres semanas de festa onde o único importante é que todos desfruten e o pasen ben cos amigos e coa familia.

Comments are closed.