Último intento para evitar a folga de lixo en Poio

Pontevedra> Os empregados da empresa Valoriza, a encargada do servizo do lixo en Poio, comezarán unha folga indefinida de recollida de lixo a partir do 16 deste mes. Mañá terán a última oportunidade de chegar a un acordo coa empresa. O punto de encontro estará nun aumento do soldo entre un 4 e 5 por cento, o que suporía un total de 70 euros ao mes para cada un dos 16 traballadores. Última oportunidade para poder chegar a un acordo entre Valoriza e os empregados desta empresa, encargada do lixo no concello de Poio. Mañá terá lugar en Vigo esta reunión, pero dende a central sindical non agardan ningunha gran novidade, o que significaría que o 16 de agosto comezarían unha folga indefinida do servizo de recollida de lixo neste concello. Esta mañá tamén denunciaron os servizos mínimos abusivos que lanzan dende o concello para estas xornadas de folga. Uns servizos que superan, nalgúns casos o número de traballadores que se utilizan habitualmente para deterinadas limpezas. A demanda dos empregados é unha subida de preto dun 5 por cento no seu salario base, o que en termos numéricos serían 70 euros ao mes para cada un destes 16 traballadores.