VILAGARCÍA> Mañá terá lugar o Black Friday. Un día con grandes descontos que non toda a veciñanza agarda con entusiasmo. A asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía non se suma a unha campaña que consideran prexudicial para o pequeno comercio. Os descontos dos grandes establecementos están ademais complicando a tempada de nadal dos pequenos negocios.
Venres negro, Black Friday. Durante o día de mañá os comercios presentarán unha gran oferta de descontos nos seus produtos. Unha data que os compradores agardan con entusiasmo pero que supón un hándicap para os pequenos negocios. Por elo, dende a Asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía non se suman a esta campaña.
O Black Friday ten a súa cara oculta cos pequenos negocios. Os comercios locais non poden facer fronte aos descontos das grandes empresas.
Moitos compradores agarda ao Black Friday para facer as súas compras de Nadal. Isto provoca que os pequenos comercios vexan moi dificultada unha campaña clave para os seus negocios.
Dende a Asociación sinalan que a única maneira de apoiar ao pequeno negocio é modificando a lexislación e concienciando á veciñanza da importancia do comercio local.
Cada ano a comarca perde máis e máis comercios, o que afecta ao resto de negocios das vilas. Un feito para preguntarse ¿Canto perdes aforrando no Black Friday?