A D.O Rías Baixas triunfa en Bilbao

Pontevedra> Tres viños da Denominación de Orixe Rías Baixas recibiron os 3 premios da cata- concurso de “viños brancos galegos” da casa de Galicia en Bilbao. Dende a organización deste evento destacaron a elevada calidade dos brancos da D.O e a súa excelente capacidade de envellecemento. O Pazo de Mugartegui acolleu a entrega dos premios da XIX Cata-Concurso “Viños Brancos Galegos” que organiza a Casa de Galicia en Bilbao. As tres marcas vencedoras nesta edición pertencen a Denominación de Orixe Rías Baixas. O primeiro premio foi para o viño Vindel de Martín Códax, un caldo do ano 2013, o segundo galardón foi para o Señorío Rubiós un viño do 2016 e o terceir premio para Quinta do Couselo tamén colleita do 2016. Esta cata concurso tivo lugar o pasado 24 de xullo na Casa de Galicia en Bilbao, foron un total de 9 os profesionais da Asociación de Euskadi de Sumillers os que valoraron as 26 referencias das cinco denominacións de orixe galegas presentadas a este certame. A estes especialistas do viño sorprendeulles gratamente a capacidade de envellecemento e a excelente evolución que teñen ao longo do tempo estes caldos das rías baixas.