O Goberno canario adaptará o Plan Revitaliza aos cabildos insulares

PONTEVEDRA> O Plan Revitaliza volve a converterse nun referente no tratamento de residuos orgánicos. Nesta ocasión, foi o goberno canario o que decidiu achegarse hoxe ata Pontevedra para coñecer máis de cerca a xestión de biorresiduos da nosa provincia. Unha visita na que estiveron presentes tanto a presidenta como o vicepresidente da Deputación.

Adaptar o Plan Revitaliza aos cabildos insulares. Ese era o motivo desta visita. A Deputación de Pontevedra recibiu hoxe a diferentes representantes do Goberno canario co obxectivo de demostrar os resultados que está a ter en toda a provincia este tratamento de biorresiduos.

O conselleiro de Transición Ecolóxica de Canarias mostrouse sorprendido cos avances que está a ter o Plan Revitaliza na nosa provincia e asegurou que tratarán de implantar este modelo no seu territorio. Aínda que iso supoña un gran reto.

Co obxectivo de cumprir cos prazos marcados pola Unión Europea, José Antonio Valbuena asegurou que tratarán de adaptar o plan de xestión de biorresiduos da Deputación nos cabildos insulares.

O obxectivo do goberno canario é que cada cabildo teña o seu propio plan de tratamento de materia orgánica en apenas un ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí