PONTEVEDRA> Con motivo do “Día da Galiza Mártir”, Pontevedra volverá a recordar o vindeiro luns ao político Alexandre Bóveda. Un dos actos máis significativos desta xornada levarase a cabo na Praza de Curros Enríquez. O evento está organizado polo BNG e nel participará Ana Pontón.
A Praza de Curros Enríquez volverá a acoller un ano máis o acto en recordo a Alexandre Bóveda. A cita terá lugar o vindeiro luns ás 20:30 horas da tarde e nela participará Ana Pontón.
Con motivo da crise da Covid, este acto será máis íntimo que nas edicións anteriores xa que o espazo terá cabida para 70 persoas. Ademais, en todo o recinto haberá estritas medidas de seguridade e hixiene.
Ademais deste acto e, como ven sendo habitual, os nacionalistas pontevedreses participarán tamén no resto de eventos que están organizados para o Día da Galiza Mártir.