A APDR alega contra a modificación de ENCE: ‘É unha ampliación da fábrica pura e dura’

PONTEVEDRA> A Asociación pola Defensa da Ría presenta alegacións ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ENCE. O colectivo entende que a intención da pasteira é ampliar a fábrica, o que provocará máis contaminación, máis consumo de auga e un maior impacto paisaxístico.

A Asociación pola Defensa da Ría alega contra o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal presentado por ENCE. Un documento que recolle varios cambios na fábrica de Lourizán.

Algo que, segundo Masa, só fará aumentar os efectos negativos que ten a actividade da pasteira nesta localización.

O colectivo reclama tamén á Xunta que teña en conta o proceso xudicial aberto contra a prórroga da concesión da pasteira, pendente dunha última resolución do Tribunal Supremo e dos recursos ante o Constitucional e a Unión Europea.

A APDR reclama tamén ao goberno autonómico que impida a ENCE seguir captando auga do Lérez, se a empresa garante que reutilizarán a auga procedente da EDAR de Praceres e da propia fábrica.