O BNG da Barbanza pide a modificación da Lei de Cambio Climático

BARBANZA> O BNG da Barbanza pide tamén a modificación da Lei de Cambio Climático. A deputada, Rosana Pérez, anunciou que presentarán varias emendas á dita Lei para que se adecúe á realidade socio-económica de Galicia.

A deputada Rosana Pérez anunciou que a formación nacionalista presentará emendas para mellorar a Lei de Cambio Climático. Unha delas, se cadra a máis significativa, pretende a supresión do artigo 18, que realiza unha modificación do previsto na Lei de Costas e ameaza a continuidade e o futuro de centos de actividades vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro.

A nacionalista empraza ó PSOE e ó PP a apoiar esta emenda que presenta o BNG. Segundo ela, os primeiros obedecen ós ditames de Madrid e os segundos pretenden confundir e manipular a opinión pública para sacar réditos políticos.

A propia Rosana Pérez sinalou que este aspecto vén a evidenciar unha vez máis a necesidade de que Galicia teña capacidade plena para poder decidir sobre os seus asuntos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí