O Aquí Cántase reúne a máis de mil persoas

Pontevedra> Máis de mil persoas congregou a primeira edición do Aquí Cántase en Pontevedra. Unha cita que ten como obxectivo principal potenciar os cánticos máis tradicionais galegos. Dende o concello fixeron un balance máis que positivo desta cita, da que din, repetirán seguro o vindeiro ano. Dende a organización agardaban convidados pero non tantos, máis de mil persoas conseguiu congregar a primeira edición do Aquí Cántase, unha cita potenciada pola Asociación Maravallada e que conta co apoio do concello. O fin pasar un bo rato e cantar nas rúas de Pontevedra as letras máis tradicionais da nosa lingua. Esta primeira edición do Aquí Cántase reuniu a xente de toda a provincia, a xente de toda a Galicia que tiña ganas de pasar un bo rato. O Miudiño ou a Rianxeira non puideron faltar nunha noite para o cante da nosa música. Un Aquí Cántase que dende o concello teñen claro que repetirán tralo éxito desta primeira edición.